12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.05.2013

O alcalde de Foz destaca a participación de veciños de Vilaronte e as numerosas cuestións que formularon na primeira reunión do ciclo de xuntanzas nas parroquias.

A seguinte reunión será o 5 de xuño en San Martiño.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 23 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, destacou a elevada presenza de veciños e as numerosas cuestións que formularon aos membros do goberno municipal participantes na primeira reunión do ciclo de xuntanza nas parroquias, que se celebrou na tarde noite de onte en Vilaronte. A seguinte será en San Martiño o 5 de xuño.

Javier Castiñeira explicou que dende o goberno local están moi contentos porque “houbo moita presenza de veciños e aproveitamos todos para falar da parroquia, o que é importante para ver cales son os problemas, que de feito son cuestións básicas que afectan practicamente a todas as parroquias, como poden ser a mellora de accesos, de cunetas e outras pequenas cousas”.

O rexedor municipal comentou que “a reunión discorreu cun ambiente moi bo, os membros do grupo de goberno que participamos demos explicacións sobre a situación que está vivindo a administración local e o resto de administracións, que é unha situación complexa na que evidentemente a economía marca o rumbo das inversións. O Concello está nun momento bastante difícil, con moi pouco persoal, pero a nosa intención é seguir mantendo os servizos básicos e tratar de facer as melloras que son necesarias. E a colaboración coas asociacións culturais e coas comisións de festas vai seguir nunha medida similar á de anos anteriores”.

Castiñeira manifestou tamén que o goberno municipal agradece “o interese por parte dos veciños de Vilaronte por atender aos representantes do grupo de goberno que estivemos na reunión. Houbo moitas suxestións, varias delas en relación co estado das pistas forestais, polo que vamos instar novamente á asociación de produtores de madeira para que repoña eses viais porque se atopan nun estado lamentable. Quedaron en arranxalas cando viñera o bo tempo e eu creo que agora é o momento, antes do verán”.

A próxima reunión do ciclo que empezou onte vai ser o día 5 de xuño, mércores, ás 21 horas na parroquia de San Martiño e “esperemos que teña a mesma reposta por parte dos veciños”, dixo o alcalde, quen tamén anunciou que “a nosa intención é seguir con estas xuntanzas no resto das parroquias”.






Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz