14 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.05.2013

O concello de Foz organiza un ciclo de concertos de voces xoves no que participarán tres coros.

A delegación municipal de Cultura tamén prepara representacións teatrais nas parroquias e na vila

Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [1 Voto/s]

Foz, 21 de maio de 2013.- A Delegación de Cultura do Concello focense organiza un ciclo de concertos de voces xoves no que participarán os coros do IES de Foz, do Conservatorio de Viveiro e da Escola de Música focense. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, que tamén prepara representacións teatrais nas parroquias e na vila.

Ánxel Paleo explicou que o seu departamento mantén reunións coas diferentes asociacións culturais e “agora mesmo a actividade que temos máis próxima no tempo é un ciclo de concertos de voces xoves. Todos eles serán na sala Bahía ás 20:30 horas. O primeiro está programado para o día 30 deste mes de maio a cargo do coro do IES de Foz, que fará a súa presentación. Despois o día 6 de xuño será o coro do Conservatorio de Viveiro e o 14 de xuño estará o coro da Escola de Música de Foz. Todos eles están formados por rapaces novos e penso que é unha boa iniciativa para dalos a coñecer”.

O concelleiro de cultura tamén deu a coñecer que contactou coas compañías de teatro que hai no municipio (O Batán, de Cangas; Adala, de Fazouro; e Axóuxeres, de Vilaronte) e “quedamos en facer unhas xornadas de teatro polas parroquias, que serán dende setembro ata a primavera. Falta concretar as datas coas distintas asociacións veciñais pero é unha cousa que contamos levar a cabo. Penso que é unha maneira máis de facer actividades para as parroquias aparte dos cursos que se organizan todo o ano. Son xornadas totalmente gratuítas e para todos os públicos e quero agradecer a todos os grupos de teatro a súa colaboración co Concello neste tipo de eventos”.

Para rematar Ánxel Paleo anunciou que “tamén teremos en Foz a semana do teatro ao aire libre, que será do 19 ao 25 de agosto no colexio público número 1”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz