17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.05.2013

O alcalde de Foz empeza unha serie de xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer as necesidades de cada unha delas.

A primeira reunión será este mércores, día 22, en Vilaronte.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 20 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, levará cabo xuntanzas cos veciños en todas as parroquias do municipio para coñecer de primeira man as necesidades de cada unha delas. A primeira será este mércores, día 22, ás 21 horas no local da asociación de veciños de Vilaronte. Castiñeira estará acompañado polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, e polo presidente do colectivo veciñal.

O rexedor municipal focense explicou hoxe que “co obxectivo de tratar de acercar a administración ás parroquias de Foz o grupo de goberno decidiu facer todas as semanas unha reunión nunha parroquia para tratar xunto cos representantes das asociacións veciñais os problemas que xorden e ver con todos eles cales poden ser as solucións. Neste momento complexo cremos que é a nosa obriga e queremos facelo durante estes dous meses antes do verán para chegar ás oito parroquias. Polo tanto citamos a todos os veciños que así o desexen a acercarse para falar co alcalde e cos concelleiros e formular todas as dúbidas ou suxestións que teñan sobre a súa parroquia. Poden canalizarse a través dos seus representantes veciñais ou propiamente de forma directa nesa xuntanza”.

Javier Castiñeira anunciou que empezan este mércores ás nove da noite no local da asociación de veciños de Vilaronte e “a alí pódense acercar todos os veciños da parroquia que o desexen para charlar e ver entre todos cales son as problemáticas. Nun momento complexo cremos que é a obriga da administración tamén chegar ás parroquias nunha localidade coma Foz, na que cerca da metade da poboación está vivindo nas parroquias e hai unha problemática moi parecida en todas elas. Polo tanto necesitamos saber por parte dos veciños cales son as súas suxestións e as súas queixas tamén, que é ben certo que pode haber varias”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz