12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.05.2013

A liquidación orzamentaria do ano 2012 no concello de Foz reflicte un aforro neto positivo de 463.697 euros e un remanente de tesourería de 132.000 euros.

O alcalde destaca que é o resultado do plan de austeridade levado a cabo polo goberno municipal.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [6 Voto/s]

Foz, 16 de maio de 2013.- A liquidación do orzamento do Concello de Foz do pasado ano 2012 reflicte un aforro neto positivo de 463.697 euros e un remanente de tesourería de 132.000 euros. Estes datos foron dados a coñecer hoxe polo alcalde focense, o popular Javier Jorge Castiñeira, que se amosou moi satisfeito por estas cifras e manifestou que son o resultado do plan de austeridade levado a cabo polo goberno municipal.

O rexedor municipal explicou que “o grupo de goberno do Concello de Foz está moi satisfeito polos resultados orzamentarios do ano 2012 e a liquidación que fixeron os servizos de Intervención que reflicte un aforro neto 463.697 euros. Estes resultados son tremendamente positivos despois dun plan de austeridade importante nunha situación complexa e de dificultades económicas e de tesourería”.

Javier Castiñeira engadiu que “isto sumado a novo financiamento que vai facer o goberno municipal do Partido Popular coa operación de tesourería de 700.000 euros para pagar a provedores creo que demostra que se están facendo ben as cousas. Nos últimos dous anos, que son precisamente os que levamos no goberno local, se están a sumar remanentes positivos de tesourería cando anteriormente a tendencia era completamente contraria. Hai que recordar que no ano 2006 había un remanente de 6 millóns de euros, coincidindo co boom urbanístico, pero no 2011, cando empezou a gobernar o Partido Popular, quedaba un remanente negativo, concretamente de -33.000 euros. E agora se está volvendo á tendencia en positivo. Polo tanto o grupo de goberno está moi satisfeito por estes resultados e evidentemente a nosa idea é seguir adiante e tratar de ir rebaixando esa tensión de tesourería ano tras ano”.

O alcalde tamén explicou que “no próximo pleno da corporación municipal irá un recoñecemento extraxudicial de 390.000 euros, xa non son os 500.000 euros que foron no anterior exercicio, e polo tanto a tendencia segue sendo moi positiva. É necesario evidentemente para poder pagarlles aos provedores que se aprobe no pleno este recoñecemento extraxudicial. Así se lles propuxo aos grupos da oposición e esperemos que dean o seu visto bo a este resultado orzamentario e sexan capaces tamén de recoñecer este gran esforzo reducindo o recoñecemento extraxudicial de 500.000  a 390.000 euros”.

Castiñeira fai “unha valoración moi positiva do aforro neto con 464.000 euros de diferenza entre o ingresado e o gastado no ano pasado a pesar das dificultades económicas. Polo tanto son moi boas novas para as contas do Concello de Foz, pero seguimos nun momento complexo e delicado ata que se acabe de pagar esa devolución que hai que facer ao Ministerio de Facenda, cerca de 800.000 euros neste ano. O Concello, e sobre todo os veciños de Foz, con responsabilidade e austeridade están cumprindo os seus obxectivos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz