17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.05.2013

O novo presidente do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que este cargo suponlle unha satisfacción enorme e unha responsabilidade.

Agradeceu o traballo realizado pola xunta xestora durante estes últimos catro anos.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [16 Voto/s]

Foz, 10 de maio de 2013. - Despois do congreso do Partido Popular de Foz, que se celebrou hoxe na casa da cultura focense, o novo presidente do comité local, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que o cargo suponlle “unha satisfacción enorme e unha responsabilidade máis” e fixo público o seu “máximo agradecemento, por suposto, a toda a xestora que estivo durante estes catro anos, que me acolleu como un membro máis, que me facilitou moitísimo o traballo, que recoñeceu ese labor tamén pero que respectou todas as decisión que se foron tomando no seu momento. É de valorar ese traballo dunha xunta xestora que durante 4 anos o único que buscou foi o mellor para o Partido Popular de Foz sen ningún afán personalista nin ningún obxectivo máis que o bo  para o PP de Foz. Así o fixeron.”

Javier Castiñeira engadiu que “os obxectivos fóronse cumprindo: primeiro cadrar unha situación difícil no ano 2009, cando houbo varias dimisións dentro do grupo municipal e tamén no propio comité local; a partir de aí buscar un candidato, que tamén foi un obxectivo cumprido; chegar ao goberno municipal e despois ter éxitos electorais como os que se tiveron tanto nas eleccións municipais como tamén nas autonómicas e nas nacionais; e o obxectivo definitivo, posto isto enriba da mesa, era precisamente chegar a facer un comité local con unha seguridade de continuidade. Polo tanto o meu máximo agradecemento e isto ten que seguir tratando de buscar unha integración por parte de todos os membros do Partido Popular de Foz”.

Castiñeira agradeceu tamén “a presenza no acto de hoxe do secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda; de José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, os responsables máximos do Partido Popular de Lugo; a todos os compañeiros da corporación e aos alcaldes, deputados e senadores que estiveron no día hoxe con toda a familia do Partido Popular focense”.

“Espero non defraudar e o obxectivo desta nova andadura é seguir unidos, loitando todos xuntos e seguir dando a cara polo que son os valores e as formas de facer política do Partido Popular, que nunca foi especulador nin cambiante e nese caso creo que o tempo nos dará a razón”, rematou o novo presidente do PP de Foz.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz