28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.05.2013

O alcalde de Foz reclamou aos responsables da empresa eléctrica Eon que cumpran a lei na facturación ao concello e queixouse de como fixeron o cambio dos contadores.

Castiñeira explicoulles os trámites que está a realizar para pagar facturas atrasadas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [36 Voto/s]

Foz, 9 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe con responsables da empresa Eon, que é a comercializadora que subministra a electricidade ao Concello. Na xuntanza queixouse do incumprimento da lei na facturación e de como fixeron o cambio dos contadores. Tamén lles anunciou que está facendo trámites para pagar facturas atrasadas.

Javier Castiñeira explicou que “na reunión mantida no día de hoxe cos responsables da empresa Eon, a comercializadora que subministra enerxía eléctrica ao Concello de Foz, puidemos contrastar diferentes opinións. Dende o propio Concello presentamos as queixas, sobre todo polo desorde que está habendo á hora de facturar, porque non é capaz de ter organizados os consumos e as contratacións. A intención do Concello é saber en que podemos mellorar e a día de hoxe tal e como está organizada a facturación non había maneira. Vamos esperar que por parte dos responsables de Eon cumpran co que establece a lei, que fagan periodicamente a facturación correspondente a cada subministro e a cada mes. Outra queixa importante foi que, como ao resto dos veciños, o cambio de contadores non se levou de forma planificada nin se avisou e é certo que os contadores antigos tiñan unhas lecturas e ninguén sabe como se fixeron. Polo tanto fixemos esa chamada de atención evidentemente á empresa comercializadora”.

O rexedor municipal tamén manifestou que “Eon reclama o pagamento dunha serie de facturas atrasadas por parte do Concello de Foz e nós vamos facer un plan de pago. Neste caso temos unha operación de tesourería xa firmada e concedida para mellorar esa liquidez e os pagos. Tamén é certo que algunhas das facturas de Eon van ir no recoñecemento extraxudicial que imos levar ao próximo pleno”.

Por todo isto Castiñeira considera que a reunión “tivo un bo resultado para todos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz