29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.05.2013

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe á obra de construcción de beirarrúas na parroquia de Cangas.

O alcalde de Foz destaca que coas beirarrúas a travesía de Cangas vai ser moito máis segura e lembra que os veciños desta parroquia levaban dez anos solicitando esa obra.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [121 Voto/s]

Foz, 9 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou que a travesía de Cangas vai ser moito máis segura ao contar coas beirarrúas cuxa primeira fase está a piques de rematar. Esta obra, que visitou hoxe a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias, e o propio rexedor municipal, levábana reclamando os veciños da parroquia dende hai dez anos.

Javier Castiñeira comentou que a visita de hoxe foi “moi interesante porque supón a consecución precisamente dunha das primeiras propostas que fixo este grupo de goberno no seu momento, que era dotar a travesía de Cangas con beirarrúas e así se lle trasladou ao conselleiro de Infraestruturas  e ao propio presidente da Xunta”.

O alcalde focense explicou que a construción de beirarrúas en Cangas “decidiuse facer en tres fases, a primeira está practicamente rematada e evidentemente vamos tratar de seguir traballando xa co obxectivo de executar a segunda fase, que son outros 500 metros lineais de calzada, ou sexa uns mil metros de beirarrúa, como se fixo nesta primeira fase, para tratar de acometer a obra completa nesta lexislatura”.

O rexedor municipal lembrou que “para os veciños de Cangas esta era unha obra moi desexada, que levaban dez anos pedindo. Si é ben certo que co núcleo de Cangas non se estaba correspondendo tendo conta o volume desta parroquia, pois hai que ter en conta que non tiña nin un metro de beirarrúa a pesar de ter máis de mil habitantes e cun núcleo urbano consolidado. Polo tanto estamos contentos polos veciños de Cangas e tamén polos veciños de Foz. E por suposto que vamos seguir con eses compromisos”.

Castiñeira rematou dando  “o máximo agradecemento ao conselleiro Agustín Hernández polo seu compromiso. O balance é moi positivo, pero non nos podemos quedar aí e dende logo os que deben disfrutar son os veciños de Cangas, que van ter unha travesía moito máis segura e cun aspecto moito máis urbano. E dende logo nun momento de crise, de dificultades económicas como agora, ao conseguir este compromiso despois de dez anos que levaban pedíndoo eu creo que os veciños de Cangas deben estar moi contentos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz