29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.05.2013

O Concello de Foz reparará seis estradas da parroquia de Santa Cilla cun investimento de case 24.000 euros.

Anunciouno hoxe Pedro Fernández Manín, concelleiro de Medio Rural e Obras, que visitou a zona co alcalde, Javier Castiñeira.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [21 Voto/s]

Foz, 6 de abril de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o concelleiro de Medio Rural e Obras, Pedro Fernández Manín, visitaron a parroquia de Santa Cilla para ver o estado en que se atopan varias estradas e decidiron facer obras de mellora en seis delas cun investimento de case 24.000 euros.

Fernández Manín explicou que “agora vamos facer unha actuación na parroquia de Santa Cilla con preto de 24.000 euros de fondos propios do Concello de Foz. Esta obra consistirá en tapar ben todos os baches e logo poñer unha capa de asfalto nos viais que dan acceso aos barrios de Carín, Bao, A Zarza, Villacizal, Folgosa e a baixada á igrexa. Estes arranxos foron pedidos polos veciños das zonas e unha vez comprobado in situ tanto polo alcalde como por min mesmo que esas estradas están moi deterioradas, con moita pedra levantada, decidimos facer esta pequena inversión”.

O concelleiro de Medio Rural engadiu que “despois destas obras continuaremos facendo rebacheos no resto das parroquias con aglomerado en frío, pero tamén faremos actuacións puntuais, como por exemplo na rúa da Cruz e o acceso a Mansín, en Foz”.

Manín tamén lembrou a obra que se vai levar a cabo nas parroquias de Cangas, Nois e Fazouro cunha inversión de preto de 20.000 euros para melloras no alumeado público, actuación que será financiada entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz ao 50 por cen dentro do plan POS.

O edil delegado de Obras resaltou “o esforzo que ten que facer o Concello nestes tempos que estamos a vivir e pola situación económica que o Concello está a atravesar” e anunciou que “dentro do que o Concello pode facer seguiremos continuamente atendendo as solicitudes dos veciños”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz