18 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.05.2013

O Concello de Foz adxudicou unha operación de tesourería ao BBVA por cerca de 700.000 euros.

Esta operación vai a servir para mellorar a liquidez das arcas municipais e axilizar o pago das débedas que ten cos provedores.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [73 Voto/s]

Foz, 3 de maio de 2013.- O Concello de Foz adxudicou unha operación de tesourería ao banco BBVA por cerca de 700.000 euros para mellorar a liquidez das arcas municipais e así poder axilizar o pago das débedas que ten cos provedores.

O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “no afán do grupo de goberno por mellorar o pagamento aos provedores  e vendo a dificultade que ten o Concello na liquidez, para mellorar nese sentido o que vamos facer é adxudicar unha operación de tesourería ao banco BBVA para mellorar o pago a provedores, no que se non se cumprindo coa lei. O noso obxectivo dende logo é ese, tratar de cumprir cos nosos provedores, e para iso en base a recadación, que se fai a maior parte dela no segundo semestre, vamos tratar de anticipar ese diñeiro agora e tratar de cumprir cos nosos provedores. Os motivos son, por un lado, que hai que cumprir a lei e, por outro, non queremos que os propios provedores sexan os encargados do financiamento das contas públicas”.

Javier Castiñeira explicou que “é certo que se está facendo todo o posible para cumprir, que temos un plan de austeridade enorme, de feito temos os orzamentos máis baixos dos últimos anos, 200.000 euros menos incluso que o ano pasado, que xa foi complexo. Ao non aprobar o plan de pago a provedores a única opción que nos quedaba a día de hoxe era unha operación de tesourería deste tipo. Son case 700.000 euros que haberá que devolver no momento que se cobre a recadación do IBI e doutros impostos, pero con isto melloraremos substancialmente a liquidez do Concello e poderemos pagar a eses provedores que están pasando un momento difícil”.

O rexedor municipal considera que “esta operación vai servir para mellorar as condicións dos provedores do Concello e para mellorar tamén a situación laboral de todos aqueles traballadores desas empresas. Con isto eu creo que o Concello aporta o seu grao de area para cumprir cos provedores, coas empresas e con todos aqueles que están traballando co Concello, estano facendo de forma responsable e así o quere facer tamén o Concello”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz