28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

24.04.2013

O alcalde de Foz prevé que o plan xeral de ordenación municipal estea exposto ao público este verán e espera que dentro de 2 anos sexa aprobado definitivamente.

Así o manifestou Javier Castiñeira trala reunión da comisión de seguimento do PXOM na que explicou que o POL non impedirá o desenvolvemento dos núcleos rurais.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [124 Voto/s]

Foz, 24 de abril de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, prevé que o novo plan xeral de ordenación municipal estea exposto ao público este verán e espera que nun prazo de 2 anos sexa aprobado definitivamente. Na tarde noite de onte reuniuse a comisión de seguimento do PXOM, xuntanza na que o rexedor municipal explicou que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) non suporá un obstáculo para o desenvolvemento dos núcleos rurais aos que afecta.

Javier Castiñeira explicou esta mañá o tratado na tarde noite de onte durante a xuntanza da comisión de seguimento do plan xeral de ordenación municipal, que está constituída por unha vintena de persoas, representantes dos grupos de traballo veciñais e responsables políticos, reunión na que informou “dos avances que se están levando a cabo respecto a plan xeral de Foz” e manifestou que “o obxectivo de ter para primeiros do verán un documento en exposición pública sigue adiante”.

O alcalde tamén deu a coñecer que, xunto cos redactores do plan e os técnicos do Concello, mantiveron unha xuntanza cos técnicos do POL “para formular as nosas dúbidas e as nosas solucións con respecto á zona do litoral e os núcleos urbanos que están afectados polo POL e a verdade é que esa reunión foi bastante satisfactoria porque os redactores do Plan do Litoral entenderon perfectamente as inquedanzas do goberno municipal e do equipo redactor do plan xeral e en principio o POL non vai ser ningún impedimento para desenvolver os núcleos rurais, concretamente os máis afectados, que poderían ser Cangas, Nois, Fazouro, Forxán, Vilaronte  e propio núcleo urbano de Foz. Eses núcleos rurais no seu momento foron aceptados como zonas exentas do cumprimento do POL e polo tanto o grupo de goberno nese sentido está encantado de que o Plan de Ordenación do Local non sexa ningún obstáculo hoxe en día para sacar adiante eses núcleos rurais. E polo que respecta as zonas do núcleo urbano máis afectadas, que eran as de Tras As Torres e de Fondós, aí queremos desenvolver dous plans parciais, para o que en principio tampouco habería maior impedimento. Son as dúas zonas máis interesantes para a expansión do pobo”.

O rexedor municipal engadiu que “todo isto tratamos de explicarllo aos membros da comisión, que é bastante grande e representativa, e en pouco tempo darase resposta ás alegacións presentadas no seu momento. Os avances son importantes e o obxectivo é tratar de sacar para o próximo verán un documento en exposición ao público, unha vez que o decida o pleno, e a partir de aí os propios veciños poderán velo e presentar as súas alegacións en caso de que non estean de acordo”.

Castiñeira lembrou que o proceso para elaborar un novo plan urbanístico “estaba parado dende o ano 2009 e o que pretende o equipo de goberno, como dixemos sempre, é reactivar o plan xeral e no prazo de máis ou menos 2 anos ter xa o documento aprobado definitivamente. Ese é o obxectivo e para iso está traballando o goberno municipal, que xa fixo a contratación novamente dese plan xeral aos redactores anteriores; retómase en gran parte o documento que había e estase intentando adaptalo ás novas normativas que hai no ano 2013 e, por suposto, unha delas é o Plan do Litoral, que eu creo que podemos solucionar perfectamente”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz