18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.04.2013

O Partido Popular de Foz elexirá novo comité local nun congreso que se celebrará o 10 de maio.

O prazo para presentar candidaturas á presidencia remata o día 17 deste mes e unha delas será a de Javier Jorge Castiñeira.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [111 Voto/s]

Foz, 13 de abril de 2013.- A xunta xestora do Partido Popular convoca aos afiliados ao congreso local no que se elixirá o novo comité local do partido, xuntanza que se celebrará o día 10 de maio no salón de actos da Casa de Cultura ás 20,30 horas. Así o anuncio hoxe o secretario da xestora, José Manuel Martínez Chao, quen tamén deu a coñecer “a todos os afiliados do PP de Foz que está aberto o prazo para a presentación de candidatos á presidencia de dito comité local, período que remata o vindeiro día 17 de abril. Polo tanto todos os interesados en presentarse deben comunicalo na sede do partido, que está na avenida da Mariña número 42 de Foz, en horario de seis e media a oito e media da tarde todos os días de luns a venres”.

Por outra banda, a xunta xestora “quere agradecer ao Partido Popular provincial, autonómico e nacional a confianza depositada no seu nomeamento e, como non, a todos os afiliados, simpatizantes e en xeral a todos os cidadáns de Foz a gratitude mostrada” e resalta que “ao longo destes case catro anos que está xunta xestora estivo ao fronte do Partido Popular en Foz conseguíronse logros tan importantes como a consecución da alcaldía, así como ser a forza política máis votada en todas as eleccións que se celebraron: europeas, nacionais, autonómicas e no eido local. Desde a presidencia e a secretaría desta xunta xestora, e recollendo o sentir de todos os membros da mesma, grazas a todos pola colaboración e desexamos moita sorte aos novos compoñentes do próximo comité local”.

Para a presidencia do novo comité local do Partido Popular de Foz xa está confirmada unha candidatura, que é a de Javier Jorge Castiñeira.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz