12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.04.2013

A sala Bahía de Foz acollerá este sábado unha representación teatral infantil a cargo da compañía Baobab.

O concelleiro de cultura, Ánxel Paleo, destaca que é un espectáculo innovador e moi visual.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [64 Voto/s]

Foz, 11 de abril de 2013.- A sala Bahía acollerá este sábado, día 13, ás seis e media da tarde unha nova representación teatral infantil incluída na programación cultural do Concello para este mes de abril. Nesta ocasión a compañía Baobab poñerá en escena a obra titulada Babs. O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, destacou que é “un espectáculo innovador e moi visual”.
 
Baobab Teatro é unha compañía nova que naceu a mediados do 2010 pero os seus compoñentes (Andrea Bayer e Oscar Ferreira) teñen unha amplísima experiencia no eido do teatro infantil despois de ter pasado por diferentes compañías, como Teatro Akatro ou Galioon.

Andrea Bayer é coñecida no mundo teatral por ter dirixido e escrito diferentes espectáculos como “Golulá” (premio ao mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008); Babiliglub (participou en Fetén 2008); Rosalía, a pulga que escribía, etcétera. Andrea Bayer acaba de recibir unha mención de honra no III certame Cuento en Corto, organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos e a asociación de escritores de Madrid.

Óscar Ferreira conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques, escenografías e ten participado en diferentes espectáculos teatrais (“Que medo, que medo”, “Golulá” , “Babiliglub”, etcétera) así como programas de televisión (Luar, Nika ou Cousiñas).
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz