18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.04.2013

As pistas danadas pola retirada de madeira nos montes de Foz serán reparadas cando mellore o tempo.

Así se acordou na xuntanza celebrada hoxe por iniciativa do concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, quen calificou a reunión como moi interesante.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [76 Voto/s]

Foz, 4 de abril de 2013.- O salón de plenos do Concello de Foz acolleu hoxe a xuntanza entre responsables municipais e representantes do sector madeireiro para buscar solucións aos problemas que ocasiona a explotacións dos montes. Acordouse que as pistas danadas pola retirada de madeira nos montes focense serán reparadas cando mellore o tempo, como explicou o concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, que foi o promotor da reunión e considera que resultou moi interesante.

“Hoxe tivo lugar a reunión cos madeireiros da zona, que tiñamos pendente de facer, e notouse que pola súa parte poñen todo o interese e desde o Concello somos conscientes de que a madeira é unha das fortes explotacións que temos para saír adiante”, explicou Fernández Manín. Na xuntanza participaron tamén o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a técnica de Medio Ambiente Vanesa Iglesias Sánchez. Por parte dos empresarios estiveron o presidente da Asociación de Madereros da Provincia de Lugo, Santiago Montero, e outros membros do colectivo representando ás empresas Hijos de Ramón Rubal, Maderas Míguez, Maderas Patricio, Maderas Celeiro, Maderas Naciente, Tojeiro Vidal e tamén responsables de Ence Energía y Celulosas SA, de Asturias.

O concelleiro de Medio Rural comentou que “a esta reunión estaban tamén invitadas asociacións Promafoz e Promaval. No caso de Promafoz ía estar o seu secretario, que é o señor Sixto, pero por motivos de traballo non puido estar e pediu que se lle remitan todos os acordos que tomáramos na reunión, o que se vai facer tamén con Promaval”.

Manín destacou que na xuntanza “alcanzáronse algúns compromisos, como levar a cabo totalmente o acordo que estaba firmado co Concello de Foz de reparar as pistas por parte dos madeireiros, pero o mal tempo que houbo nos últimos tempos é o motivo que impide que eles leven a cabo eses traballos, toda vez que se se fixeran nestes momentos sería prexudicial para os camiños e as pistas. Tamén quedamos en facer unha nova xuntanza para formar un equipo de traballo todos xuntos e intentar buscar solucións como son crear zonas para poder botar a madeira e así evitar que estea na beira das pistas e incluso encima das cunetas. Isto foi o que se acordou na reunión de hoxe, que foi moi interesante porque Ence, que non figuraba no convenio feito co Concello de Foz, dixo que aceptaba totalmente o que alí acordamos. Entonces para nós foi moi interesante esta xuntanza”.

O concelleiro de Medio Rural engadiu que tamén acordaron que “por parte das asociacións eles van avisar a todos os seus membros para que se cumpra este acordo e por parte do Concello faranse uns bandos, que se colocarán nos sitios de costume, para dicir a tódolos veciños cales son os seus cometidos e as súas responsabilidades nestes casos, pero tamén os dos madeireiros e das empresas que explotan os montes, ao igual que as obrigas que ten o Concello con todos os veciños”.

“Pensamos que a industria da madeira hoxe é unha das máis importantes na zona e debemos transixir algo, pero tamén esixir todo aquilo para evitar prexuízos aos nosos veciños”, rematou Fernández Manín.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz