18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.04.2013

O Concelleiro Ánxel Paleo anuncia a programación cultural do Concello de Foz para o mes de abril.

A programación inclúe tres representacións teatrais e unha grabación para a Televisión de Galicia.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [76 Voto/s]

Foz, 2 de abril de 2013.- A programación de actividades culturais organizada polo Concello de Foz para este mes de abril inclúe tres representacións teatrais e unha gravación para a Televisión de Galicia.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “os sábados na sala Bahía teremos teatro para todos os públicos. As representacións serán ás seis e media da tarde, correrán a cargo de compañías profesionais e están pensadas para que disfrute toda a familia, tanto os pequenos coma os máis maiores. Estas obras están dentro da Rede de Teatro e Auditorios da Xunta de Galicia e o Concello colabora coa Xunta poñendo unha porcentaxe do custe para que se poidan ver estas obras en Foz”.

A primeira representación teatral programada para este mes levarase a cabo este vindeiro sábado, día 6, e será a obra titulada A Voar a cargo de Sarabela. O día 13 escenificarase a obra Babs, que representará a compañía Baobab. E o día 20 a compañía A Xanela do Maxín ofrecerá a obra titulada O rei destronado. Todas elas son obras de teatro infantil e representaranse ás seis e media da tarde na sala Bahía.

E o 27 de abril, sábado, haberá unha gravación para a Televisión de Galicia do programa Lipdub, que “é como un megaplayback que había antes en Antena 3. A canción que se escolleu despois dunhas reunións que fixemos con todos os grupos do Carnaval é O tren, de Andrés do Barro. Esta gravación farase no porto de Foz e irá dentro dun programa dunha hora de duración dedicado integramente ao municipio e que incluirá tamén imaxes de sitios emblemáticos e turísticos, faranlles entrevistas á xente. Iso é durante 50 minutos e despois farase a gravación da canción”, explicou o concelleiro de Cultura, quen solicita a colaboración dos veciños “porque cantos máis sexan mellor”. Os interesados poden chamar á Casa da Xuventude para apuntarse ou preguntar por Carmen Seco no teléfono 982.133.037.

Ánxel Paleo rematou explicando que “antes facíase unha actuación teatral cada mes, pero agora pensamos que é mellor programalas en abril tres sábados seguidos porque despois en maio e xuño xa vén mellor tempo e os nenos queren saír de paseo, estar no parque ou ir á praia, se fai bo tempo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz