18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.03.2013

O alcalde de Foz presentará a proposta do goberno municipal para o orzamento deste ano aos representantes dos traballadores do concello o vindeiro mércores.

“Esperemos que poidamos aprobar uns orzamentos que aínda que sexan difíciles, moi minguados, son o máis realistas posible, son os orzamentos que necesita o Concello de Foz”

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [106 Voto/s]

Foz, 27 de marzo de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, presentará a proposta do equipo de goberno para o orzamento do Concello deste ano 2013 aos representantes dos traballadores municipais nunha xuntanza que está convocada para o vindeiro mércores, día 3 de abril.

Castiñeira anunciou hoxe que “o grupo de goberno convocou á mesa de negociación cos sindicatos para mostrarlles a proposta de orzamento municipal que vamos levar a pleno neste próximo mes. A valoración dos sindicatos é preceptiva e cremos que son uns orzamentos axeitados para poder ser aprobados por todos os grupos políticos intentando o máximo acercamento posible por parte do equipo de goberno ás peticións dos grupos da oposición”.

O rexedor municipal considera que “cos orzamentos que se presentan ninguén poder negar a capacidade de acercamento por parte do grupo de goberno cando realmente se van incluír neste orzamento a maior parte das pretensións dos grupos políticos. Así se lle vai dar a coñecer o próximo mércores á unha da tarde aos representantes sindicais e a partir de aí o seguinte paso é a celebración das comisións previas ao pleno da corporación, sesión que queremos que sexa o 11 de abril”.

“Esperemos que os grupos saiban valorar ese acercamento por parte do equipo de goberno e poidamos aprobar uns orzamentos que aínda que sexan difíciles, moi minguados, son o máis realistas posible, son os orzamentos que necesita o Concello de Foz”, manifestou o alcalde.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz