12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.03.2013

Aprobouse hoxe na asemblea do Consorcio Galego de Benestar a elaboración do proxecto para a construcción do xeriátrico focense.

O alcalde de Foz destacou que o orzamento do Consorcio Galego de Benestar para este ano, aprobado hoxe en asemblea, contempla a elaboración do proxecto para a construcción do xeriátrico focense.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [106 Voto/s]

Foz, 27 de marzo de 2013.- O alcalde focense, o popular Javier Jorge Castiñeira, asistiu hoxe a asemblea do Consorcio Galego de Benestar na que se aprobou o orzamento deste organismo para este ano 2013, no que se figura a elaboración do proxecto para a construción da residencia de maiores en Foz.

“Despois de asistir á asemblea do Consorcio Galego de Benestar saín moi contento posto que aprobouse o orzamento deste organismo para este ano 2013 no que se inclúe o proxecto básico e de execución do xeriátrico para o concello de Foz, esa obra tan desexada”, manifestou Castiñeira, quen engadiu que “estamos a falar do proxecto básico, que se vai facer durante este ano. É algo moi importante, sobre todo por escoitarllo ao xerente, qué o responsable máximo do Consorcio Galego”.

O rexedor municipal focense comentou tamén que “a verdade é que nos momentos difíciles que se están a vivir ese compromiso do Consorcio con esta infraestrutura tan necesaria para Foz é moi benvido. No Concello seguiremos loitando para que esa obra estea feita o antes posible e evidentemente iso pasa por facer o proxecto básico e de execución”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz