28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.03.2013

O alcalde de Foz ve moi positivo o compromiso de mantemento e posterior incremento do servizos que presta o Hospital da Costa.

Javier Castiñeira anunciou que a ambulancia medicalizada con base en Foz seguirá operativa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [106 Voto/s]

Foz, 20 de marzo de 2013.- Despois de participar na reunión celebrada hoxe en Santiago coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, os alcaldes de Foz, Alfoz e O Valadouro manifestaron que é moi positivo o compromiso de mantemento e posterior incremento dos servizos que presta o Hospital da Costa aos veciños da Mariña. Ademais o rexedor focense anunciou que ambulancia medicalizada con base en Foz seguirá operativa.

Javier Castiñeira manifestou que tras a xuntanza queda “moi tranquilo despois de escoitar as respostas da propia conselleira ás inquedanzas dos cidadáns da Mariña. A verdade é que estaba na mente de moitos focenses e de moitos mariñáns que a idea desta integración podía ser encher o hospital de Lugo con xente da Mariña, pero para nada a integración conta con esa idea. Así o transmitiu a Consellería e nós evidentemente estamos contentos, porque non vamos admitir ningún tipo de idea sobre este tema”.

O alcalde de Foz explicou que “o que queremos é que todos os veciños e todos os pacientes da Mariña segan tendo os mesmos servizos no Hospital da Costa e incluso que se aumente. Así nolo comentaron e tamén que a ampliación pasa polo plan director, que está contratado o seu proxecto. Polo tanto, tranquilidade absoluta”.

Ademais Castiñeira anunciou que “a propia conselleira foi capaz tamén de falar da ambulancia medicalizada que ten base en Foz e constatou que efectivamente vai seguir pois esta integración non afecta para nada nese sentido”.

O rexedor focense rematou comentando que “a tranquilidade é absoluta e no caso de non se cumpra o prometido aí estaremos todos os alcaldes da Mariña, pero hai garantía absoluta de que para nada se vai perder ningún tipo de servizo. Ao contrario, temos a promesa dunha ampliación do o Hospital da Costa e polo tanto creo que estas dúbidas que había quedaron así resoltas. Todos os veciños de Foz deben estar contentos, pois non vai afectar para nada aos servizos da sanidade focense e, por suposto, todos os mariñáns porque estamos traballando no mesmo sentido: non perder servizos, ao contrario tratar de incrementalos con esa ampliación do Hospital da Costa, de Burela. Esa é a vontade da Consellería e así nos gustou oílo da propia conselleira e polo tanto satisfacción neste día de hoxe”.

Pola súa banda, o alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, tamén fixo unha valoración positiva, “toda vez que a conselleira explicou, e eu podo transmitir aos meus veciños e a toda A Mariña, que se van garantir os servizos que actualmente está prestando o Hospital da Costa e que a intención é melloralos. Co cal non deixa de ser unha gran satisfacción, porque era o temor que tiña”.

Ademais Emilio Lousas destacou que a conselleira “garantiu que se vai facer o plan director do hospital para poder amplialo; esa é unha noticia que nos tranquiliza e tamén que o hospital vai ter a súa propia área, si integrada na de Lugo pero vai ter un xerente executivo e vaise ver reforzada pola integración dos centros de atención primaria. Por iso eu saco unha lectura positiva desta entrevista”.

E o rexedor municipal do Valadouro, José Manuel Lamela, manifestou que a reunión pareceulle “moi positiva” e agarda que “todo o que nos dixeron se cumpra”. Tamén comentou que podemos informar aos nos veciños que “o hospital non desaparece, como moitos están comentando”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz