23 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.03.2013

Os populares defenden que a ampliación do Hospital da Costa blinda a continuidade do centro que gañará novas especialidades

Denuncian a manipulación política deste colectivo dirixido e instrumentalizado por responsables comarcais do PSOE e BNG

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [75 Voto/s]

Burela, 15 de marzo de 2013.- O Partido Popular da Mariña saíu ao paso das críticas efectuadas pola Plataforma Sanitaria en relación coa licitación do proxecto que permitirá a ampliación do Hospital da Costa esixíndolle a este colectivo que deixen traballar aos que se esforzan por facer algo positivo pola comarca e desistan da súa actitude de manipular e confundir á cidadanía.

“O que non pode ser é que esta Plataforma pseupolítica un dia diga unha cousa e ao día seguinte a súa contraria. Unha mañá montan unha manifestación reclamando a ampliación do Hospital e, ao día seguinte, critican á Xunta porque inicia os trámites que permitirán facer posible esta ampliación. Que se aclaren e deixen de enganar”

O Partido Popular comarcal defende que a ampliación do Hospital da Costa, que se inicia no día de hoxe coa publicación no Diario Oficial de Galicia da licitación do seu Plan Director, blinda a continuidade do centro e das súas consultas e ademais permite que este gañe en novas especialidades como poden ser quimioterapia e cirurxía vascular, entre outras.

Os populares consideran “indecente” que os veciños da Mariña se vexan sometidos a un intento de “engano masivo” por esta Plataforma “que leva os catro últimos anos alertando dun falso peche do hospital, cuxa realidade todo o mundo pode comprobar que non é certa”. Desde o PP atribúen –“se ningún tipo de dúbidas”- esta actitude á manipulación e instrumentalización política da Plataforma Sanitaria, liderada por responables comarcais do PSOE e do BNG cuxo único obxectivo é desgastar ao PP aínda con clamorosas mentiras.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz