20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.03.2013

Os alcaldes de Foz e Alfoz reuníronse hoxe na Coruña co Xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia para xestionar a conexión do vial Ferreira-Foz coa futura autovía Barreiros-San Cibrao.

“O máis importante agora e loitar porque esa infraestrutura teña no seu momento unha dotación orzamentaria para poder ir redactando os proxectos definitivos”.

“Nós non vamos poñer trabas a estas infraestruturas. Os veciños poden estar tranquilos porque se aceptaron a maior parte das alegacións”.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [164 Voto/s]

Foz, 15 de marzo de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o de Alfoz, Emilio Lousas, reuníronse esta mañá na Coruña co responsable da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel del Río, para solicitar a construción dunha conexión entre a estrada Ferreira do Valadouro-Foz (LU-152) coa futura autovía Barreiros-San Cibrao.

Despois da xuntanza Emilio Lousas explicou que “ao saír publicado o estudo definitivo para a autovía San Cibrao-Barreiros e como o Concello de Alfoz xunto cos de O Valadouro e Foz pedíramos no seu momento mediante acordos plenarios que cando se redactara o proxecto se contemplara a conexión da estrada LU-152, de Ferreira a Foz, con esa autovía, hoxe tratamos este asunto co xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e así lle expuxemos a necesidade dese enlace porque tanto os concellos de Alfoz e Valadouro como parte do concello de Foz veríanse moi beneficiados con ese enlace”.

O rexedor municipal de Alfoz engadiu que o responsable de Estradas do Estado en Galicia “dixo que efectivamente se vai estudar con toda a boa fe, pero hai que ter en conta que agora hai que aprobar os proxectos parciais para a execución da obra e cando sexa o momento estudarase a posibilidade de facer ese enlace”.

Sobre a reunión de hoxe na Coruña o alcalde de Foz explicou que “cando se redacten os proxectos definitivos poderase tamén falar de pequenas modificacións, como nos dixo hoxe o responsable de Carreteras del Estado en Galicia, con quen estivemos mirando o estudo para a autovía”.

Javier Castiñeira aproveitou tamén para responder ás declaracións sobre este asunto realizadas polo concelleiro do BNG en Foz nas últimas horas: “sorprende que, despois de quedar claro que están totalmente desinformados e que o único que pretenden é alarmar aos veciños,  volvan sobre o mesmo, porque xa cansa. A disposición de información que ten o Bloque Nacionalista Galego no Concello é clara, si queren pedila aí a teñen igual que a piden doutras cousas, pero tamén poden acceder a ela no Boletín Oficial do Estado ou na páxina web do Ministerio de Fomento, onde están as alegacións, como se resolveron e incluso os planos. O peor de todo isto é que eles o único que pretenden é alarmar e está claro que non hai motivos para iso senón para satisfacerse, porque se aceptaron a maior parte das alegacións presentadas, entre las tamén as do propio BNG, entón non cabe dicir que non se tiveron en conta”.

Polo tanto, o rexedor municipal focense considera que “todos os veciños, sobre todo os de San Martiño, deben estar de noraboa porque se afasta o trazado nunha parte importante, porque se baixa a altura do viaduto e porque se reduce moito o impacto visual e pásase dunha trincheira na ladeira a un túnel. Ese é un esforzo económico importante por parte de Fomento e polo tanto debemos estar de noraboa, igual que os veciños de Vilasindre e os da zona do Carmen porque tamén se corrixe un pouco o trazado para que afecte o menos posible a ese lugar”.

 “Nós non vamos poñer trabas a esas infraestruturas, porque estes señores reclaman primeiro que se fagan e despois poñen cambadelas, como están poñendo ao gasoduto, como poñen ás redes eléctricas e en todo en xeral. Ese é o Bloque Nacionalista Galego e como é un discurso completamente insensato con isto rematamos”, manifestou Castiñeira, quen lles di aos veciños que “estean tranquilos porque se aceptaron a maior parte das alegacións”.

O alcalde de Foz considera ademais que “o máis importante agora e loitar porque esa infraestrutura teña no seu momento unha dotación orzamentaria para poder ir redactando os proxectos definitivos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz