14 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.03.2013

O Alcalde de Foz aclara que o Ministerio de Fomento tivo en conta a maior parte das alegacións ao trazado da autovía Barreiros-San Cibrao no municipio focense e concretamente na zona da Basílica de San Martiño.

Castiñeira desminte ao concelleiro do BNG e agradece o traballo do anterior goberno municipal.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [136 Voto/s]

Foz, 14 de marzo de 2013. O alcalde focense, o popular Javier Jorge Castiñeira, desminte ao concelleiro do BNG sobre as alegacións ao trazado da futura autovía Barreiros-San Cibrao ao seu paso por Foz, porque foron tidas en conta polo Ministerio de Fomento “a maior parte delas, en varias zonas do municipio e concretamente nas proximidades da basílica de San Martiño”.

“Este señor xa anticipaba el mesmo que estaba un pouco desinformado, pero evidentemente se non se ten información o que non se pode é saír a criticar e a dicir o que non se fixo cando realmente o propio Ministerio, neste estudio informativo definitivo, atendeu a maior parte das alegacións presentadas tanto por Patrimonio como por Medio Ambiente. No caso de moitas desas alegacións das que eles falan e a máis importante, que é a que se refire á afección a basílica de San Martiño de Mondoñedo, é completamente distinto do que di este señor, que el mesmo se tacha de desinformado”, manifestou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira quere “tranquilizar completamente aos veciños, porque atendéronse a maior parte das alegacións e a que era máis importante, o trazado que afectaba á zona da basílica de San Martiño e que pasaba a 250 metros dela, desprázase case outro tanto máis, báixase a altura dese viaduto e elimínase o impacto visual que había na ladeira da montaña e trasladase e faise un túnel”. Polo tanto “duplícase a protección e redúcese o impacto visual na metade máis ou menos”.

O alcalde focense explicou ademais que en Vilasindre (Cangas) “tamén se despraza o trazado para evitar o núcleo rural, respéctanse todos os pasos con pasarelas elevadas e tamén as beiras dos ríos, tanto no Masma como no Ouro”. E engadiu que “tamén se protexe a área do Carmen, de San Martiño, afastando o trazado dese lugar. Ou sexa, que se atenderon case todas as alegacións que presentou a Dirección Xeral de Patrimonio, Medio Ambiente e outros organismos e polo tanto todos podemos estar moi contentos e satisfeitos”.

Polo todo isto Castiñeira considera que con declaracións como a do concelleiro do BNG “o único que queren é alarmar e a que xente se bote á rúa e nós non o vamos a admitir, porque son mentiras e desinformacións” e aconséllalle “ao señor Basanta que se informe mirando no Boletín Oficial do Estado ou senón que veña ao Concello e que pida esa información, da que eu xa lle anticipei algo no seu momento, e despois que fale”.

O rexedor municipal rematou agradecendo “o traballo feito no seu momento polo anterior alcalde, o señor Rivera, neste sentido, porque moitas destas alegacións atendidas agora foran propostas polo anterior goberno municipal” e comentando que “os que queiran facer política disto, ou co hospital ou con calquera outra cousa aconséllolles que non xoguen cos intereses xerais dos cidadáns, porque eu creo que van por moi mal camiño; así se lles nota despois nos resultados que teñen nas urnas”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz