14 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.03.2013

O Concello de Foz arranxará estradas danadas en Fazouro, parroquia que visitou o Primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro de Medio Rural acompañado polo presidente da asociación de veciños.

"Como concelleiro do Medio Rural, que levo alumeado, chámame a atención que levaran 5 días sen luz no barrio de Vilaronte".

“Por parte do goberno facemos todo o que temos na nosa man e gustaríame que cando fagan a crítica, que precisamente é moi boa sempre que sexa construtiva, se acorden tamén de que se non temos avisos das deficiencias no alumeado ou nunha estrada non podemos ir amañalos”

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [88 Voto/s]

Foz, 12 de marzo de 2013.-  O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, o popular Pedro Fernández Manín, reuniuse co presidente de asociación de veciños de Fazouro, Raúl Río, e visitaron zonas da parroquia que precisan arranxos.

Fernández Manín explicou que o motivo da xuntanza foi que o presidente da asociación de veciños de Fazouro “tiña bastantes queixas da situación na que se atopan varios lugares da parroquia, que visitamos” e puxo como exemplos que “na Estación hai que arranxar a estrada, na subida á capela de Lousada a auga desfixo bastante, na estrada de Lousada baixa moitísima auga do monte e temos que intentar solucionalo dalgunha forma e para iso hai que limpar as cunetas todas que hai nesta estrada e supón un custe que nestes momentos o Concello non pode soportar porque estamos un pouco escasos de tesourería. Si o vamos intentar solucionar, como quedei con el, para a próxima semana, cando imos empezar a ir en días alternos para limpar esas cunetas e intentar que a auga que baixa por ese camiño que non sexa toda a que está chegando nestes momentos, porque baixa do monte por diante da casa de Pepe de Valiño moitísima cantidade e desfai completamente todo por onde pasa”.

O concelleiro de Medio Rural comentou que ademais estiveron vendo “outra zona, que é despois do apeadeiro, pero corresponde a Fomento, é na estrada xeral e entón nosoutros non podemos actuar sen permiso de Fomento. Tamén visitamos A Rúa, onde se vai cambiar a traída ao enlace da rede xeral nova que se está facendo e limpar as cunetas nunha pista que sube aos montes”.

Pedro Fernández engadiu que na situación actual “temos que ir adaptándonos e facendo todo aquilo que podemos coa xente que temos, non podemos contratar empresas e resúltanos imposible facer rebacheos continuos. Estamos solicitando á Deputación para que nos conceda axuda para rebacheos, como fixo a outros concellos: a Viveiro, a Cervo e incluso Ribadeo, que parece ser que é a segunda vez agora xa. Solicitamos o ano pasado e nin nos contestaron, volvemos solicitalo a principios deste ano, pero parece que para a Deputación para estes traballos non existe Foz. Quero recalcalo porque penso que Foz é igual que outro concello, aínda que o goberno sexa doutra cor. Por iso intentaremos seguir buscando axudas para facer as obras o máximo que poidamos e atendendo aos veciños co persoal do Concello”.

Resposta a Unifoz

Sobre as últimas críticas de Unifoz ao goberno municipal, Fernández Manín explicou que “como concelleiro do Medio Rural, que levo alumeado, chámame a atención que levaran 5 días sen luz no barrio de Vilaronte. Pode ser que sexa así, pero antes de sacalo no xornal calquera veciño que queira dar unha queixa pode facelo, pois a empresa e os teléfonos son os mesmos do mandato anterior. Nosoutros non tiñamos coñecemento ningún dese problema para poder arranxalo”.

En canto ao estado dos camiños e das pistas dos montes, o concelleiro de Medio Rural comentou que “coa auga que caeu e a madeira que se sacou é imposible ter arranxados todos os camiños e se intentamos parar a corta de madeira, que é o único forte que temos na zona, penso que non sería viable”. E anunciou que “estamos preparando unha reunión cos madeiristas, coa cooperativa de produtores de madeira e con Ence, para acordar unha forma para poder arranxar os camiños, pois non é soamente pasarlles a parte de adiante da pala do autocargador, senón que hai que votarlles pedra e hai que rebachear de novo”.

O primeiro tenente de alcalde focense rematou explicando que “por parte do goberno facemos todo o que temos na nosa man e gustaríame que cando fagan a crítica, que precisamente é moi boa sempre que sexa construtiva, se acorden tamén de que se non temos avisos das deficiencias no alumeado ou nunha estrada non podemos ir amañalos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz