22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.03.2013

Apoio masivo para José Manuel Barreiro que renova a presidencia do PP de Lugo cun 96,48% dos votos

É a cuarta vez que concurre a liderar a Presidencia do PP de Lugo pola súa vocación política e coma un home honrado, honesto e con capacidade para traballar.

No tocante á executiva, repite como Secretario Xeral, José Manuel Balseiro, coma vicesecretarios figuran: Jaime Castiñeira Broz, Mª Elena Candia López, Ramón Carballo Páez e Raquel Arias Rodriguez; incorpórase a Secretaría de Organización, Luis Lamas e a portavocía recae na monfortina Julia Rodríguez.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [104 Voto/s]

No XVI Congreso Provincial de Lugo que tivo lugar o pasado sábado pola mañá na localidade mariñá de Burela, José Manuel Barreiro foi reelexido líder dos populares lucenses cun apoio masivo: 96,48% dos votos.

Barreiro quen se presentou por cuarta vez á  Presidencia do PP de Lugo, dixo que optaba a reelección pola súa vocación política e que o facía coma “un home honrado e con capacidade para traballar”.Arroupado por diversas autoridades do Executivo galego e  nacional (conselleiros, presidentes provinciais, presidente do PP de Galicia, presidente de honra do PPdeG, a Ministra de Fomento…) e demáis alcaldes e voceiros, Barreiro manifestou que “rematamos unha etapa na que temos un traballo digno de recoñecemento e de carácter colectivo; un traballo presidido polo compromiso e compoñonente vocacional que debe representar a política” aseverou facendo mención aos excelentes e históricos resultados que acadou o PP de Lugo nos últimos comicios electorais.

Asegurou Barreiro que o PP de Lugo continuará a facer un traballo colectivo e polo conxunto da sociedade lucense e que nunca avalará aqueles que “entendan a política como benefecio personal nin que dende a mentira intenten confundir a sociedade”. “Estamos para servir a sociedade, rendir contas dese servicio; os intereses de Galicia son os de España e se alguen dice que son contradicións, equivocase”- manifestou.

Agradeceu Barreiro a presenza das máis de mil persoas que o acompañaron na súa reelección e manifestou o compromiso de seguir traballando por Lugo e os lucenses “continuaremos a pé de rúa, escoitando aos cidadáns e intentando facer posible o que é necesario”, e puxo coma exemplo a área sanitaria, afirmando que  “os populares lucenses  van defender os servicios sanitarios en A Mariña e Monforte, dende o realismo e a verdade. Demostraremos aos que tratan de enganar a sociedade que os que van por ese camiño non van a ningures”- manifestou.

Barreiro tamén destacou o traballo dos mozos populares e agradeceulle aos rexedores e voceiros de tódolos municipios lucenses a quenes calificou coma “as persoas que dan a cara polo noso partido e polo noso proxecto político en cada unha das rúas e prazas”.

Con respecto a actual situación que atravesa o país, Barreiro afirmou que o primerio desafío de Lugo e Galicia é vencer a crise, liña na que está a traballar o PP con eficacia, realismo e sentido da responsabilidade.

“Vamos saír desta crise e este partido quere ser protagonista fundamental nesta saída” manifestou, quen destacou exemplos que contribuen a elo, citando a Don Manuel Fraga, Gerardo Fernández Albor, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy"

 

COMITÉ EXECUTIVO


No tocante ao recén elexido Comité Executivo, repite como secretario xeral, José Manuel Balseiro ,coma vicesecretarios figuran: Jaime Castiñeira Broz, Mª Elena Candia López, Ramón Carballo Páez e Raquel Arias Rodriguez; a Secretaría de Organización pasa a ocupala, O presidente de Sogama, Luis Lamas e a Portavocía recae na monfortina Julia Rodríguez. Por outra banda, Manuela López Besteiro foi nombrada Presidenta de Honra do Partido.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz