29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.03.2013

Javier Castiñeira critica a Psoe e Unifoz por impedir a actualización da ordenanza do prezo da axuda no fogar, xa que "poñen en risco a continuidade deste servizo".

Esta decisión dos grupos da oposición é "lamentable, gravísima e irresponsable”.

Para Javier Castiñeira “lamentable é a tamén a decisión de non aprobar a sede electrónica, que o único que se significa para os cidadáns son mellores dereitos, máis acceso á propia administración desde o seu domicilio a calquera hora e todos os días da semana".

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [123 Voto/s]

Foz, 01 marzo de 2013. Javier Jorge Castiñeira, alcalde de Foz, critica aos grupos da oposición municipal por impedir a actualización da ordenanza que regula o prezo da axuda no fogar, “o que pon en risco a continuidade do servizo”, e tamén por non apoiar a creación da sede electrónica no Concello no pleno da corporación celebrado onte. No primeiro asunto PSOE e Unifoz votaron en contra, mentres que o BNG abstívose, e no segundo os tres grupos de oposición rexeitaron a proposta do goberno municipal do PP.

O grupo de goberno focense censura a actuación da oposición nesta sesión, porque “os dous puntos importantes para a economía e a xestión do Concello foron votados en contra pola oposición, principalmente polo PSOE e por Unifoz. Lamentable, gravísima e irresponsable é a decisión destes dous grupos ao votar en contra da actualización da ordenanza do prezo do servizo público de axuda no fogar, poñendo en risco o propio servizo posto que depende directamente desta actualización obrigada por parte da Xunta de Galicia adaptándose a lei 99/2012, de obrigado cumprimento”, explicou Castiñeira.

O rexedor municipal engadiu que o servizo de axuda no fogar “depende das subvencións da Xunta de Galicia, de máis de 300.000 euros que recibe o Concello de Foz neste ámbito, e como mínimo xa se van perder 2.500 euros do Concello. Isto xa é colmo da hipocrisía, porque estes señores deciden non subirlles as taxas, tal e como di a lei, aos propios usuarios e así van ter que pagala todos os veciños, o Concello en xeral, máis de 2.500 euros ao mes. Isto é un fraude político, que os cidadáns teñen que saber. Lamentable, gravísima e irresponsable esta decisión porque pode incluso estar en dúbida o cumprimento deste servizo”.

Para Javier Castiñeira “lamentable é a tamén a decisión de non aprobar a sede electrónica, que o único que se significa para os cidadáns son mellores dereitos, máis acceso á propia administración desde o seu domicilio a calquera hora e todos os días da semana. Pero esta xente está nesa labor de negar todo o que presenta este grupo de goberno e por iso sigo tachando á oposición (ao PSOE, a Unifoz e ao BNG tamén) de fraude político, no que os cidadáns vense enganados por uns partidos que non teñen responsabilidade ningunha ante as decisións que se toman no pleno”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz