23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.02.2013

Balseiro di que a nova Lei de Costas reforza a protección do litoral

Co recoñecemento da figura dos núcleos “rurais” -agrupacións tradicionais de vivendas rurais próximas á costa- porase fin á a difícil situación de numerosos cidadáns que quedaban indefensos afectados polos deslindes

Segundo Balseiro, Ramón Val deberá explicar por que está en contra de que os veciños con vivendas rurais próximas á costa poidan arranxar e realizar obras de mantemento nas súas casas

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [122 Voto/s]

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013.- O deputado do PPdeG  do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, vén de sinalar que a nova Lei estatal de Costas reforza a protección do litoral e ofrece máis seguridade xurídica. Sae deste xeito ao paso das críticas efectuadas polo PSOE ante a reforma dunha normativa que vén a resolver grandes problemas que a lexislación anterior provocaba especialmente nos pobos costeiros de Galicia.

RECOÑECEMENTO DOS NÚCLEOS RURAIS

Así por exemplo Jose Manuel Balseiro explica que co recoñecemento da figura dos “núcleos rurais” -agrupacións tradicionais de vivendas rurais próximas á costa- porase fin á a difícil situación de numerosos cidadáns que quedaban indefensos, e non podían ni tan sequera facer obras menores de mantemento nas súas vivendas ao estar afectadas polos deslindes.

A INICIATIVA DE GALICIA

“Desde o Grupo Parlamentario Popular sempre tentamos dar solución a este problema, tanto agora no Goberno como antes sendo oposición, mentres que o PSOE variou o seu apoio a esta reforma en función de intereses partidistas”-explicou Balseiro- quen tamén dixo que a reforma da Lei de Costas foi impulsada a iniciativa do PP desde o Parlamento de Galicia e despois acollida polo novo goberno central e polo ministro Miguel Árias Cañete.

O PSOE FÓRA DA REALIDADE

Para o deputado popular,  Jose Ramón Val fala desde o total descoñecemento do que a reforma da Lei de Costas supón e da súa adecuación á realidade galega, e nese senso, acúsalle de realizar afirmacións e ataques sen fundamento tirando do argumentario escrito polo PSOE de Madrid, que non ten nada que ver coa Mariña.

Balseiro pregunta directamente ao deputado socialista si está en contra de que os propietarios de antigas vivendas rurais e asentamentos costeiros mariñeiros poidan arranxar as súas casas realizando obras mínimas de mantemento, actuacións que ata o de agora eran practicamente imposible executar, pola dureza burocrática dos permisos a conseguir ou directamente porque a normativa anterior o prohibía.

Finalmente o deputado popular lembra que asentamentos rurais de todos os concellos costeiros, desde Ribadeo (Rinlo), Barreiros, ata espazos no concello de Foz, Cervo (Cuíña), Viveiro ou O Vicedo poden serán directamente beneficiados pola reforma da Lei de Costas promovida polo Partido Popular.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz