20 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.02.2013

“Sigamos avanzando”, eslogan do XVI Congreso do PP de Lugo

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [100 Voto/s]

A Presidenta do Comité Organizador do XVI Congreso do PP de Lugo, Julia Rodríguez Barreira, anunciou esta mañá o eslogan que os populares lucences elexiron para o conclave provincial.

“O PP de Lugo escolleu ‘Sigamos avanzando’ como lema para o XVI Congreso que se celebrará o vindeiro día 2 de marzo en Burela e no que José Manuel Barreiro será reelexido presidente dos populares lucenses”,  manifestou Rodríguez Barreira.

Julia Rodríguez explicou que o eslogan responde á necesidade de que nos vindeiros anos se continúe na mesma liña emprendida polos populares nos últimos anos.

“Nos últimos anos, os populares lucenses avanzamos moito, non só en resultados e victorias electorais, senón tamén medrando en número de simpatizantes e afiliados”, afirmou.

O Congreso terá lugar o vindeiro día 2 de marzo e nel José Manuel Barreiro será reelexido Presidente do PP de Lugo. Cóntase coa participación de preto de 800 compromisarios.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz